Isto non é un simulacro

Isto non é un simulacro

Nee

Todo comezou cando o pequeno proxecto empezou a formarse, un espermatozoide e un óvulo deron lugar a unha criatura nunca vista. Nada en 2002 no país de "nunca máis", a pequena Nee xa comezou a dar guerra. Os seus pais preguntáronse repetidas veces que fixeran mal, pero a pregunta en si non tiña sentido. A medida que ía crecendo máis estrafalaria volvíase, e empezou a desenvolver afeccións en grao sumo dispares. Cinema, música, literatura: eran as súas armas para loitar a guerra do día a día. E cando en 2015 foi, por outro dos múltiples e grandiosos erros da súa vida, a un campamento en Entrimo, coñeceu a máis xente da súa estirpe. Tolos canda menos. Pirados. Rematadamente enfermos. Isto levouna a desenvolver o seu gusto polos blogues e o mundo otaku, e terminou de formarse a súa gran enfermidade mental chamada personalidade.

Report Page